[vc_row][vc_column width=”1/1″][vc_empty_space height=”32px” image_repeat=”no-repeat”][vc_custom_heading text=”Pepe Vaamonde Grupo son:” font_container=”tag:h3|text_align:left” google_fonts=”font_family:Droid%20Sans%3Aregular%2C700|font_style:700%20bold%20regular%3A700%3Anormal”][vc_empty_space height=”32px” image_repeat=”no-repeat”][/vc_column][/vc_row][vc_row row_type=”row” use_row_as_full_screen_section=”no” type=”grid” in_content_menu=”” icon_pack=”font_awesome” oblique_section=”no” oblique_section_top_and_bottom=”both” oblique_section_position=”from_left_to_right” text_align=”left” pattern_background=”” full_screen_section_height=”no” vertically_align_content_in_middle=”no” use_as_box=”” box_shadow_on_row=”no”][vc_column width=”1/3″]
Pepe Vaamonde
Gaitas e Frautas
Gaiteiro, frautista e compositor das melodías da banda, compaxina a sua faceta artística en Pepe Vaamonde Grupo coa docencia no Centro de Música Fingoi de Lugo. Despois de gozar dunha época como gaiteiro gañador de numerosos concursos na década dos noventa, funda no ano 2001 a banda que leva o seu nome, coa idea de facer un proxecto humano sólido e forte onde expoñer as súas inquedanzas creativas, así como tamén a de mostrar unha visión diferente e propia da música do país. Paralelamente adica unha parte do seu tempo a investigación e ao control de calidade no Obradoiro de gaitas “Lis” de Lugo, do cal foi coinventor do “Punteiro Afinábel”, ferramenta imprescindíbel nos seus concertos.
[/vc_column][vc_column width=”1/3″]
Xisco é a voz de Pepe Vaamonde Grupo ademais de ser un gran comunicador no escenario, sabe transmitir como poucos toda a forza e enerxía dos nosos temas cantados tradicionais.<br />
Mestre da E-Trad (Escola de Música Tradicional e Folc do Concello de Vigo). Fundador e director durante 15 anos da agrupación O Fiadeiro. Mestre e coordinador da orquestra Folc Son de Seu.
[/vc_column][vc_column width=”1/3″]
Licenciado en Musicoloxía pola Universidade de Oviedo, Pipo é, sen dúbida, a outra peza fundamental en este proxecto musical, ocupándose de vertebrar as ideas e os arranxos dos membros da banda. Inicia os seus estudos musicais no Conservatorio de Pontevedra e dende moi novo comeza a tocar a guitarra en diversas agrupacións e grupos musicais. Actualmente compaxina a labor de intérprete, arranxista, productor e compositor coa docencia.
[/vc_column][/vc_row][vc_row row_type=”row” use_row_as_full_screen_section=”no” type=”grid” in_content_menu=”” icon_pack=”font_awesome” oblique_section=”no” oblique_section_top_and_bottom=”both” oblique_section_position=”from_left_to_right” text_align=”left” pattern_background=”” full_screen_section_height=”no” vertically_align_content_in_middle=”no” use_as_box=”” box_shadow_on_row=”no”][/vc_row][vc_column width=”1/3″]
É un dos membros fundadores de “Pepe Vaamonde Grupo” , baixista, guitarrista e cantante de outras formacións musicais de Pontevedra, é presidente da Asociación de músicos “Pontevedra Ferve”. Lidera o Grupo de rock alternativo “Jhoannder” que conta con dous cds no mercado “Enciendes mi alma” e “Sinécdoque”. Formou parte como bailador do grupo tradicional “Gandaina” de Pontevedra. Na actualidade compaxina a súa faceta de músico coa de profesor de baixo e guitarra na Escola de Música de A Cañiza.
[/vc_column][vc_column width=”1/3″]
Miguel Anxo López ``Chino``
Percusión
Percusionista tradicional, formándose da man de Francisco Estévez “Chuco”. Completa a súa formación estudando Grao Profesional de percusión clásica. Paralelamente prepárase como batería con Miguel Cabana na Escola de Música de A Coruña. Desde o ano 2010 forma parte da banda de “Pepe Vaamonde Grupo” como percusionista nos directos, así como na gravación de “Nas Pedras do Lar”. Realizou como mestre múltiples cursos e seminarios de percusión tradicional, en Bruxelas, Alemaña… e tamén en Galicia. Na actualidade é docente e imparte clases regularmente en diversas Asociacións do país. É membro de grupos como Acibreira, Tromentelos, Foxnola, Efecto Polilla, etc.
[/vc_column][vc_column width=”1/3″]
Profesora de acordeón polo Conservatorio Superior de Barcelona e mestra na especialidade de Música pola Universidad de Oviedo, Miryam é a cara nova da banda “Pepe Vaamonde Grupo”. Comeza a tocar o acordeón aos sete anos na Escuela Municipal de Música de El Franco (Asturias), escola que acabará dirixindo. Impartiu docencia en varios conservatorios e escolas de Música. Na actualidade compaxina a súa faceta de acordeonista coa de mestra de educación musical.
[/vc_column]