Percusionista tradicional, formándose da man de Francisco Estévez “Chuco”. Completa a súa formación estudando Grao Profesional de percusión clásica. Paralelamente prepárase como batería con Miguel Cabana na Escola de Música de A Coruña. Desde o ano 2010 forma parte da banda de “Pepe Vaamonde Grupo” como percusionista nos directos, así como na gravación de “Nas Pedras do Lar”. Realizou como mestre múltiples cursos e seminarios de percusión tradicional, en Bruxelas, Alemaña… e tamén en Galicia. Na actualidade é docente e imparte clases regularmente en diversas Asociacións do país. É membro de grupos como Acibreira, Tromentelos, Foxnola, Efecto Polilla, etc.